VII Carreira Popular Concello de Pontecesures
23/12/2006
Hora de inicio: 16:30
Hora de finalización: 18:30
Percorrido
Distancia algo menos de 5 km.
O circuito é o mesmo de anos anteriores e o seu perfil é llano ata unha única subida, pronunciada, duns 70 -80 metros, e enseguida unha baixada tamén pronunciada que medirá 100 m. escasos.
Logo volta a ser en llano ata a meta. Os que viñeron a correr din que é un bo circuito, tendo en conta que polas limitacións do rio, via do tren e carreteras nacional e comarcal non temos outra posibilidade de circuito.
Haberá distintas categorías e 3 carreiras para pequenos antes da proba grande. Estas carreiras de pequenos se inician ás 16.30 h. A proba grande, cun percorrido que non chega ós 5 kilómetros será ás 17:00 h - 17:10 h.
Ó remate desta carreira, mentres a organizacion saca o listado de gañadores, faise unha carreira para os pitufos ata 4 anos.
Premios
Trofeos ós 3 primeiros da xeral, e medalla de recordo os 3 gañadores de cada categoría, así como unha camiseta de recordo ós 200 primeiros inscritos. Tamén trofeo de recordo ó corredor e corredora mais veteranos.
Inscricións
Inscrición e máis información nos teléfonos do Concello de Pontecesures en horario de 9 a 15 h. 986 564 410 e 986 564 403, preguntando por Fran Freiria ou José Rodríguez.
Ou o mesmo día da proba ata as 16 horas no centro social.