II Carreira Popular “Mar de Boiro”

17 de Diciembre de 2006

Hora de inicio: 11:00
Hora de finalización: 12:30

Categorías:

Benxamín Masc. e Fem.:
nados/das en 1998 e 1999
Alevín Masc. e Fem.:
nados/das en 1996 e 1997
Infantil Masc. e Fem.:
nados/das en 1994 e 1995
Cadete Masc. e Fem.:
nados/das en 1992 e 1993
Juvenil Masc. e Fem.:
nados/das en 1990 e 1991
Junior Masc. e Fem.:
nados/das en 1988 e 1989
Promesa Masc. e Fem.:
nados/das en 1985, 1986 e 1987

Senior Homes e Mulleres:
nados entre 1984 e 1971 (ambos inclusive)

Veteranos/as A:
homes e mulleres nados entre 1970 e 1961
(ambos inclusive)
Veteranos/as B:
homes e mulleres nados entre 1960 e 1951
(ambos inclusive)
Veteranos/as C:
homes e mulleres nados en 1950 e anos anteriores

Premios:

- Trofeos para os 3 primeiros clasificados en tódalas categorías.
- Medallas para os dez primeiros da categoría de escolares.
- Tódolos corredores que entren en meta recibirán unha camiseta conmemorativa da proba.
- Non haberá premios económicos.

Inscripcións:

Clubes, grupos organizados e outros: na oficina do Departamento de Deportes do Concello de Boiro (persoalmente, teléfono, fax ou correo electrónico)
- Aceptaranse inscricións ata media hora antes da saída, na Praza de Galicia
- As inscricións son totalmente gratuítas

Recollida de dorsais, saída, boxes e meta:
Na carpa da organización, na Praza de Galicia (fronte ó edificio do Concello), a partir das 9:00 h. Aquí estarán situados tamén os boxes, avituallamento e a zona de entrega de trofeos. Ó lado da praza estarán situadas tamén a liña de saída e chegada.

Carreira curta. Escolares, 2.300 metros.
Saída conxunta, detrás da categoría absoluta, na rúa Principal, fronte ó edificio do concello. Baixada pola rúa Principal ata o cruce de Praia Xardín. Volta á rotonda e subida pola Avenida da Constitución ata a rotonda do cruce de Abanqueiro. Volta á rotonda, subida ata a rúa Estatuto de Galicia e baixada todo recto ata entrar na meta na rúa peonil, na parte de atrás do edificio do concello.

Carreira longa. Categoría xeral, 8.246 metros.
Saída conxunta, diante da categoría de escolares, na rúa Principal, fronte ó edificio do concello. Baixada pola rúa principal ata o cruce de Praia Xardín. Volta á rotonda e subida pola Avenida da Constitución ata os semáforos. Baixada pola Avenida de Barraña ata o Saltiño, collendo o cruce á esquerda para subir pola Pedra da Bouza ata a Rotonda da Sestelo. Séguese pola estrada ata Triñáns, onde á entrada se colle un cruce á esquerda. Unha pequena baixada levaranos a unha estrada que pasa polos cruces de Graso e Praia de Mañóns ata chegar ó pé da Charca de Abanqueiro. Aquí collemos á esquerda para subir toda a recta do campo de fútbol de Abanqueiro ata chegar a Exipto, continuando recto pola estrada que pasa por Brión, San e chegada á rotonda de Abanqueiro situada na Avenida da Constitución. Subida ata a rúa Estatuto de Galicia e baixada todo recto ata entrar na meta na rúa peonil, na parte de atrás do edificio do concello.

 

 



Volver